vergonzoso,
un atentado contra el sentido común,
profundamente insolidario
con las clases medias y trabajadoras españolas,
porque malgastan,
para tapar la ineficacia del Gobierno,
un disparate,
"una puñalada trapera a la clase media por la espalda"
y finalmente
"un insulto a los españoles" (Mariano Rajoy).
Todo lo anterior,
en el caso
de que fuesen otros quienes lo hubieran hecho,
y el PP afirmaba que harían.
Pero resulta que han sido Rajoy, el PP,
quienes no sólo no lo harían,
sino que harían lo contrario,
faltando a sus promesas hechas,
incluso en su invertidura, sólo ocho días antes,
los que han subido los impuestos.
Y ahora resulta que ha sido, dicen los mismos,
porque no quedaba más remedio que hacerlo,
y porque su programa electoral de gobierno era bien claro:
VAMOS HACER LO QUE HAY QUE HACER
y
HACERLO COMO DIOS MANDA
Amén!
pruebas documentales:
"Nunca se ha salido de una crisis subiendo impuestos". María Dolores de Cospedal.
(6/09/2011)
"Es vergonzoso que planteen subir impuestos". Soraya Sáenz de Santamaría.
(21/08/2010)
"Mi intención es no subir los impuestos". Mariano Rajoy. (19/12/2011)
Si gana Rubalcaba subirán los impuestos, si gana Rajoy bajarán los impuestos". Esteban González Pons. (03/10/2011)
La subida de impuestos del 2010 es un atentado contra el sentido común". Javier Arenas. (28/10/2009)
"La subida de impuestos no se justifica y la subida de impuestos es profundamente insolidaria con las clases medias y trabajadoras españolas". Mariano Rajoy. (16/09/2011)
"Mientras el PP ahorra y baja los impuestos, el PSOE malgasta y los sube". Maria Dolores de Cospedal. (4/03/2011)
"Ahora el Gobierno habla de subir los impuestos [...] eso es un insulto a los españoles". Mariano Rajoy (22/08/2010)
"Una subida de impuestos para tapar la ineficacia del Gobierno". Soraya Sáenz de Santamaría (17/06/2009)
"Subir impuestos me parece un disparate". Esperanza Aguirre (31/08/2009)
"Subir impuestos es darle una puñalada trapera a la clase media por la espalda". Esteban González Pons. (8/09/2011)
y se nos queda tan ancha como larga, porque es muy vergonzosa
http://www.publico.es/espana/416438/como-subira-rajoy-el-iva
http://www.publico.es/espana/416450/montoro-alega-que-le-ocultaron-datos-de-deficit-en-manos-del-pp
http://www.publico.es/espana/416325/el-gobierno-culpa-a-zapatero-del-tijeretazo-historico-de-rajoy
http://politica.elpais.com/politica/2012/01/10/actualidad/1326201224_240249.html
http://www.publico.es/espana/416369/la-videoteca-no-perdona
/E-06.40h/
A propósito, hoxe na V. de G.
ResponderEliminarhttp://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2012/01/19/politica-troleira/0003_201201G19P17992.htm
soleira
Política troleira
Escrito por: X. L. Franco Grande
19 de enero de 2012 04:55 GMT
En novembro Rajoy sentiuse a rebordar de forzas e de optimismo e lanzou aquela andanada, sacando peito, de
«Vamos a decirle a Europa que no queremos que nos den órdenes».
Nin Anxela Merkel, nin Nicolas Sarkozy, nin o Banco Central Europeo, nin o Fondo Monetario Internacional, nin Bruxelas tiñan existencia real para o novo presidente.
Pero o desconcerto produciuse tan axiña como se constitúe o novo Goberno.
O novo ministro de Economía, preguntado sobre as drásticas medidas económicas recén adoptadas, viuse obrigado a confesar:
«Había que tomar medidas porque si no, nos las habrían impuesto».
¿Pero non iamos dicir a Europa que non obedeciamos ordes?
¿Por que tan sumisos da noite para a mañá?
Nada de subir impostos, que iso é cousa de esquerdas.
Nós, dicía, ímolos baixar.
Naturalmente, subiunos.
E, como de costume, non facendo pagar máis aos que máis teñen, que iso é socialismo igualitario, senón aos menos favorecidos para que se sigan empobrecendo máis.
A banca e o gran capital ferven de entusiasmo por contaren con tan sinalado valedor dos seus intereses.
Os pensionistas son unha fonte certa de votos e de aí que o hoxe presidente lles prometese non afectar o poder adquisitivo das pensións.
A realidade foi a contraria, pois os maiores de sesenta e cinco anos non só non van ver incrementadas as súas pensións, senón que, conforme algúns calculan, van aumentar a súa contribución aos ingresos do Estado nuns trescentos millóns de euros.
¿Un verdadeiro fraude electoral?
¡Se tanto ten!
Ao parecer, un 58 por 100 dos habitantes deste país síntese estafado por tanta mentira.
Pero non se decatan de que esa é maneira que o novo presidente do Goberno ten de dar cumprimento ao que prometera hai ben pouco, que foi, nin máis nin menos,
«devolver la felicidad a los españoles».
Pois iso.
Quem é Xose Luís Franco Grande?
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ocioycultura/2012/01/15/tomino-rende-homenaxe-franco-grande-galego-universal/0003_201201G15P45991.htm
Tomiño rende homenaxe a Franco Grande, «un galego universal»
O intelectual recibiu onte o título de fillo predilecto da súa terra natal
Escrito por: Mónica Torres
tomiño / la voz 15 de enero de 2012 08:57 GMT
«Xosé Luís Franco Grande é un deses homes imprescindibles aos que invoca Bertolt Brecht».
Falou así o seu amigo e compañeiro de profesión Xosé Antón Gómez-Segade, encargado da loanza que introduciu o acto de nomeamento deste intelectual galeguista, escritor, avogado, poeta e membro de número da Real Academia Galega, como fillo predilecto do seu concello natal, Tomiño.
O percorrido pola traxectoria de Franco Grande, «produto da colleita do 36 no val de Tebra» correu da man e voz de Gómez-Segade, quen enfiou o mar de palabras da homenaxe engarzando os nomes propios, topónimos, feitos e momentos da vida do escritor dende que escoitou o cuco de Salgueiró. Nese espazo de sete décadas viviu entre Samoelle, Vilameán, Vigo e Santiago, onde chegaron a súa dona, a gran ausente e presente na mañá de onte, e as súas fillas, «ás que trouxo a Tebra».
O profesor da Universidade de Santiago falou do seu «mestre, amigo e guía» nas dimensións da cultura, a prosa e a política aludindo ao «poeta intimista e existencialista» con «versos de altura elexíaca mundial». Gómez-Segade bosquexou «o pulo vital deses 75 anos» que se basa en ter soños: «Porque para estarmos vivos hai que ser insensatos». Nesa natureza insistiu en sete expresións: «Modestia, curiosidade, rigor intelectual, lealdade e fidelidade e o seu carácter labrado no mármore; recto como un carballo e forte coma un buxo».
«Sei que é posible devolverlle a identidade e o orgullo a este país»
A alcaldesa, Sandra González, volveu sobre as palabras de Franco Grande en Os anos escuros, nas que falaba sobre a eiva da memoria histórica para enmarcar «esta merecida homenaxe colectiva que recoñece unha traxectoria de vida e compromiso».
Pola súa banda, Xosé Luís Franco Grande conduciu aos asistentes nunha afable viaxe dende dentro cara a fóra e de onte a mañá para chegar ao crer e crear. O fillo predilecto de Tomiño puxo en valor o home como «feitío da terra e do corpo». Coordenadas coas que el mesmo se situou no Val de Tebra, na súa infancia, esa que como plantexou Rilke, «é a patria verdadeira do ser humano».
Franco Grande fixo un novo chamamento á reconstrución polas crenzas.
«Para crear hai que crer, pero para crer hai que saber e coñecer», sinalou. Hai camiño para andar porque «cremos pouco e, polo tanto, non creamos nada». O escritor e académico expresou a súa confianza en que «é posible devolverlle a identidade e o orgullo a este país».
O homenaxeado falou tamén de moitos nomes propios. Das súas dúas fillas, xenros e os seus catro netos, e da súa defunta dona, Marián: «Sería realmente moi feliz hoxe, rodeada da que foi a maior ilusión da súa vida, a súa familia».
Entre os asistentes ao acto estiveron Xosé Luís Méndez Ferrín, Ramón Villares, Carlos Varela, Xosé Manuel Beiras e Teresa Conde-Pumpido.