nâo é por acaso Luis

nâo é por acaso Luis: (www.astormentas.com)
Poema ao acaso


quarta-feira, 15 de setembro de 2010

drama porcino, convidado, por ter ADN humano

Um desgrazado suceso aconteceu no día de onte na aldea de Banho – Muros.

Foi arredor das 8 da tarde, cando um cunhado meu se dispunha a dar a comida da noite aos porcos dum vecinho num cortelho próximo da sua casa.

Um casal vecinho, dous días antes, o domingo, achegouse unda ele para lhe dizer que comezaba uma viaxe de ferias de quince días promovida polo IMSERSO.

Estabam contentos porque era a primeira vez que tinham tal posibilidade, mas para elo precisabam da axuda do meu cunhado porque ao terem dous porcos nom podía deixalos abandonados por tanto tempo.

O meu cunhado que nesta altura nem can tem, só animais de pluma e os propios da familia, dixolhe que ele se ocuparía do que fixera falta, con esa disponibilidade de bom vecinho da que sempre lhe dera mostra, moeda corrente na sua aldea.

O vecinho enton expricoulhe cal era a dieta alimentar que habitualmente servía aos seus porcos, numa antiga maseira de pedra que tinha sido bendecida polo cura parroco de Serres cando casaron os seus pais.

Era asim:
De manha, um pequeno almorzo, composto por farinha de milho escaldada em agua, e os restos de leite fervido, pan e chocolate que houver do seu proprio almorzo.
E a noitinha, um caldeiro de patacas e berzas fervidas, con um só ferver, mais as lavaduras da casa, neste caso, as que o meu cunhado lhe puidera arranxar.

O meu cunhado, que de sempre tivo porcos de familia, nom precisaba de mais detalhes, e dixolhe que se foram tranquilos e disfroitaram da viaxem, que ele os tería bem atendidos, a corpo de rei fora a alma.

Os dous primeiros días tudo transcorriu con normalidade, os porcos as horas sinaladas berreabam daquela maneira, cos seus fucinhos pegados a porta do cortelho por onde sabíam que lhes chegaba sempre o xantar, arreciando ao entrar o meu cunhado e calmando pouco depois ao tempo de focinhar na maseira.

Mas onte, as 19:33 PM, cando o meu cunhado se dirixía a levarlhes o xantar...

Primeiro, extranouse do silenzo sepulcral que ouvía, depois, de non estarem os porcos cos seus focinhos enriba da porta, e por último, cando comprobou coa lanterna que estabam deitados xuntos imovilizados no fundo do cortelho, e na maseira ainda ficaba boa parte do pequeno almorzo da manha.


Ao se aproximar aos porcos, um deles ergueuse en atitude ameazante, ficando o outro imovil, deitado e cum respirar muito espaciado e dificultoso.

Asustado e preocupado, acudiu a casa de um outro cunhado seu, que mora na parte alta da aldea ao pe do monte, para decirlhe o que acababa de presenciar. Entre os dous decidiron ir a procura do veterinario para socorrer ao animal doente, ademais craro, para que cando o vecinho voltara das ferias, soubera que tudo tinham feito por salvar ao porquinho.

Em uma hora estabam de volta no cortelho, xa co veterinario.
Eles ficaron fora, á porta, mentres aquele asistía dentro ao animal.

Dez minutos mais tarde saiu e dixolhes: “Fixem tudo canto sei e puidem, mas nom foi o bastante. Só resta que vaiades a buscarlhe ao Cura”

O meu cunhado, que se toma normalmente ao pe da letra, em serio, e fai tudo o que os profisonais da saude lhe ordenam, neste caso, fose por descreido fose polo desgosto que o animal lhe estaba dando, decidiu nom facerlho porque considerou que aquele animal nom lhe merecia dar mais trabalhos, e asim lho dixo ao veterinario:

“Doutor, que o porco ocupe na outra vida o cortelho que lhe corresponda”, asim que vamos a enterralo e acabou, ¿onde o podemos fazer?.

O veterinario contestoulhe: "A nom menos de um kilómetro da casa mais próxima da aldea, conforme a lei, e a um metro de profundidade."

Se querem, entre os tres pasamos ao difunto para uma carretinha mortuoria.

De acordo. E, ato seguido, vanse os tres para dentro do cortelho.

Ahí e cando acontece o que nom aparece nos libros.

O irman do difunto interpuxose entre o seu cadavre e os asaltantes que prentendían arrebatarlho, soltando dentelhadas ao ar cara aos tres, e impedindolhes levarem do seu lado ao seu irman e companheiro de presidio, o que escorrentou aos tres ás carreiras para fora da corte, atropelándose incruso na porta de saida por quem fuxía primeiro.

O qué é que podemos facer, perguntaronse xa fora os tres.


Enton o veterinario, que era, dos tres, o experto em conduta animal, ainda que superado polo meu cuñado no campo dos cefalópodos que o tem estudado até no pormenor, dixolhes: “Esto xa só o pode arranxar uma parelha da Guardia Civil”.


O malo, dixo meu cunhado, e que agora tenhem fechado o cuartelilho de Muros, e temos que ir buscalos ao de Noia, e metémonos nas tres da madrugada. Iso se nom tenhem problemas coa saída das discotecas, ou coas planeadoras.

Enton o cunhado do meu cunhado, o que vive no monte, sempre agudo para sortear a autoridade, propuxolhes um plan: “Tenho na casa um tricornio da Guardia Civil de disfarzarme nos Carnavais, umas correaxes de ir de furtivo aos percebes, e a roupa de aguas de cando ía pescar, que também é verde. ¿Que vos parece?

¿A qué esperas? Contestaronlhe os outros dous a coro, sorprendidos uma vez mais pola extraordinaria lucidez e a inventiva de Xesús, que assim é que se chama.

Voltou axinha, fardado como Guardia Civil, que na escuridade do anoitecer ninguem diría que nom o fose, e de novo entraron no cortelho, em primeiro lugar, como está prescrito, o representante das Forzas do Orden.

O porco vivo, nada mais ver o tricornio, corriu asustado a refuxiarse no rincón mais alonxado do cortelho, sem por iso deixar de pensar: estos agora trabalhan en trío e como peguen no meu rabo som porco morto, se ao menos fose a parelha de sempre...


E xa, sem atopar resistencia, carregaron ao difunto, de perto de douscentos kilos, no carretilho mortuorio para o levarem a enterrar.

Nese momento, de drama porcino, e cando aparece o corazóm de um humano: O do veterinario.
Este home, comovido por tudo o que acababa de viver, dixolhe ao meu cunhado:

“Ao caralho a Lei: a Vida está por riba dela, e ese noble animal, de tan humanos sentementos, que ahí fica encerrado, merece ter enterrado perto dele ao seu compañeiro da vida, e poder sentilo e ulilo ao seu caron.
Autorizovos a enterralo nesta hortiña ao lado do cortelho. Que eu, no parte de defunción, porei que ficou enterrado conforme a Lei. "

Asi o fixeron, deixando que aflorase da terra o rabinho do animal, como forma de homenaxem ao mesmo, mas tambem para poder ver si resucitaba mais adiante, e, en último caso, deixarlhe ao seu irman uma antena direta para intercomunicarse.

Ao acabarem coas exequias, espetaron na cabeceira da tumba uma cruz de madeira na que suxeitaron a foto que lhes forneceu o "Fotografías do Dragâo" de Muros, que aquí mostro, e deixando para a chegada do seu dono o de lhe pór o seu nome corretamente, que eles nom sabíam, e tambem nom era cousa de perguntarlho ao seu irman encerrado.



De esta desgarradora e comovedora noticia, que eu nom sei contar tan bem como os seus protagonistas, quem tenha interese maior nela pode achegarse a Imoviliaria FARO em Muros, perguntando alí por Xoan.

Nom sei quem me esta a ler, pro eu, cada vez que coma lacon con grelos, lembrareime dos porquinhos do vecinho do meu cunhado, e comereino con tanto respeto coma se comungara.
Iso, se alguma vez mais volto eu a comer carne de porco.

Por algo tenhem o ADN mais próximo do dos humanos.

Que deus o tenha ao seu caron no cortelho celestial.

6 comentários:

  1. Yo tampoco volveré a comer carne de porco, después de leer tu historia tan guapamente contada.
    Un saludo afectuoso,
    Sequoya

    ResponderEliminar
  2. Muchas gracias por tu visita Sequoya. Los grelos solos también son un manjar exquisito, que paga la pena no perderse.
    Saludos

    ResponderEliminar
  3. Hola, soy PORNKY. Y puedo asegurarte que en breve recibirás la visita de los letrados de la SGAE. No te servirá de nada refugiarte en Portugal.

    ¡¡Vivan los derechos de autor!!

    ResponderEliminar
  4. Este comentário foi removido por um administrador do blogue.

    ResponderEliminar
  5. Aciertas, PORNKY, en Portugal, más precisamente en Braga, en Caminha sólo para dormir. Nada que ocultar, sólo intentando que su Obispo confiese las razones por las cuales los huesos de San Fructuoso, mi parroquia, robados por su diócesis hace trescientos años de la Catedral compostelana, desde que han sido devueltos a Santiago no han vuelto a hacer milagros, algo que prodigaban en Portugal.

    Y es que sospecho que consintieron en devolverlos no sin antes comprobar que tenían totalmente agotado su potencial milagrero. Si así fuera, esta vez cometiendo fraude de ley al restituir lo robado en deplorable estado, hechos polvo, amén de fraude espiritual, de nefastas consecuencias para la salud de los gallegos, precisamente en el momento en que sólo disponen de genéricos en las farmacias. Menos mal que Santa Lucía, San Bras, San Bieito y San Lázaro no los abandonan desde sus ermitas y cumplen cuando se cumple conforme a precepto.

    Y del Prelado al contexto, me sirve como pretexto para confesar que mi únicas debilidades son, los Huesos de Difuntos, por Santos, y el Tocinillo del Cielo que elaboran las Clarisas, el resto del año. La manteca de cerdo, ni probarla, salvo un aire con las filloas.
    Siendo así, ¿qué justificación tendría ese supuesto interés del SGAE que mencionas?

    Un saludo y gracias por tu visita, PORNKY, y por haberte tomado la molestia de alertarme aunque fuera sin fundamento.

    ResponderEliminar
  6. https://www.youtube.com/watch?v=BNg_1JGKDRo

    ResponderEliminar