O corredor de fondo perde o alento
fuxindo dunha vida inzada de renuncias
da súa liturxia obesa e oleosa,
mediocre nos seus comunais fracasos,
bágoas de xelo, indignación contida
non deu chegado a tempo de exercer
a súa rebelión,
nin de levar a cabo
a súa vinganza definitiva
contra un mundo inxusto, homicida, e cruel,
pola inutilidade da súa propia vida
solitario, enfermo e fatigado,
fuxindo dunha vida inzada de renuncias
da súa liturxia obesa e oleosa,
mediocre nos seus comunais fracasos,
bágoas de xelo, indignación contida
non deu chegado a tempo de exercer
a súa rebelión,
nin de levar a cabo
a súa vinganza definitiva
contra un mundo inxusto, homicida, e cruel,
pola inutilidade da súa propia vida
solitario, enfermo e fatigado,
Lois Pereiro, poeta "rupturista" e impulsor do existencialismo "descarnado"
O seu irmán recórdao como "un auténtico relacións públicas" e reivindícao como o homenaxeado con máis celebración da sociedade
EUROPA PRESS. 15.05.2011
O poeta Lois Pereiro, autor escollido polo plenario da Real Academia Galega na súa homenaxe anual ás Letras Galegas, naceu o 16 de febreiro de 1958, na localidade lucense de Monforte de Lemos, onde transcorreron os seus "invernos, os seus outonos e primaveras".
Días nos que o seu irmán, Xose Manuel Pereiro, o recorda como un novo "tímido" que finalmente se transformou na "explosión poética" gabada por Xosé Luís Méndez Ferrín. Agora recórdao como "un auténtico relacións públicas" e reivindícao como o homenaxeado "que máis celebración ten" por parte da sociedade.
No seu día, tras a decisión da institución académica de dedicarlle o Día das Letras a este "rupturista" do estilo realista que predominaba no xénero a mediados dos 70, o decano do Colexio de Xornalistas de Galicia, Xosé Manuel Pereiro, valorou esta "valente" homenaxe ao poeta monfortino que "recoñece" o mérito literario do autor máis alá do uso do idioma galego.
"Unha aposta" que, na súa opinión, pode "facer ver" que a literatura galega "non é algo endogámico", senón "toda unha polifonía" na que cabe unha ampla gama de textos, dende os máis clásicos aos máis vangardistas.
Meses despois o tamén presidente do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia destacou ao seu irmán como o autor que "posiblemente está a ter máis celebración por parte da xente, por parte do público" e, sobre todo, "con iniciativas creativas individuais" que demostran "que a súa obra non era tan oculta, como pensaban outros círculos intelectuais".
"Quería escribir dende novo. Era poeta en esencia pero pouco lle interesaba selo en presenza. As circunstancias da vida conseguiron reafirmalo nesas primicias iniciais. Rebeldía ante o lado amable da vida", explicou nunha entrevista concedida a Europa Press.
Un neno "tímido" que se descubriu nun novo con inquietudes artísticas e fanático de Bowie ou King Crimson, "moi falador" e "auténtico relacións públicas", participante de debates e faldoiros sobre cinema. En 1975, trasladouse a Madrid para estudar Socioloxía, carreira que abandonou no primeiro trimestre tras a morte de Franco e que motivou un breve regreso a Monforte antes de voltar á capital en plena Transición democrática.
Foi nese contexto no que Pereiro se sumerxiu na oferta cultural da cidade, dende concertos, filmotecas, ata recitais, e no que entrou en contacto con creadores e intelectuais do talle de Manuel Rivas, Reimundo Patiño, Antón Patiño, Menchu Lamas, ou Fermín Bouza, cos que impulsou xunto ao seu irmán a revista 'Loia', unha publicación manifesto que se estendeu catro numeros.
Obra "dura e descarnada"
"Téndese a pensar que a súa vida era como a súa obra, que non pasa precisamente polo lado máis amable da literatura. Pódese pensar que a súa vida era así, unha especie de protagonista da saga Crepúsculo, e en absoluto. Era divertido, moi irónico, amigo dos seus amigos e das súas amigas. Nese sentido, un auténtico relacións públicas, con bastante paciencia, e un observador moi analítico da realidade que o rodeaba", sinalou Pereiro.
O poeta monfortino estableceuse en A Coruña a comezos dos 80 e gañou o seu único premio en 1982, con Poesía O Facho, ademais de participar nos libros colectivos 'De amor e desamor' (Edicións do Castro, 1984 e 1985). Non foi ata 1992 cando publicou o seu primeiro libro, 'Poemas 1981/1991' (Edicións, Positiva), descrito por Manuel Rivas como unha "mestura de video-clip, haiku, fulgor, pregaria e cantiga de escarnio" que o converte "no clásico que ten a literatura galega sen sabelo".
Deterioración da súa saúde
Foi nesa época cando á súa saúde se comezou a deteriorar a causa dunha intoxicación masiva por aceite desnaturalizado de colza rexistrada na década dos 80, que afectou a máis de 17.000 persoas e matou 400, segundo detalla a versión oficial. En 1994, a súa experiencia "ao bordo da morte" derivou nun de libros "máis duros e descarnados da literatura galega", 'Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995 (Edicións Positiva, 1995)'.
O "existencialista" e renovador da poesía galega faleceu poucos meses despois nun cuarto do Hospital Juan Canalejo da cidade herculina, o 24 de maio de 1996, e na actualidade, a sociedade galega vive o "recoñecemento póstumo" ao autor monfortino, acompañado dunha "explosión" de exposicións, música ou pinturas impulsadas por "persoas anónimas", que pintan os seus poemas e o seu rostro nas paredes das cidades.
http://www.20minutos.es/noticia/1050763/0/
enlaces:
http://culturagalega.org/
Sem comentários:
Enviar um comentário