XOSÉ MANUEL SARILLE
Porprovocar
Os meus amigos María Xesús Arias e Henrique Sanfiz escriben historia local desde hai moito tempo. Traballaron sobre lugares de Ferrolterra e agora investigan na parroquia de Perlío, que posúe un dos nomes máis fermosos da nosa toponimia. Perlío.
Perlío ten unha rica resonancia poética por mor das perlas (se non è vero è ben trovato) e tamén social, porque é un dos lugares onde a construción de barcos acadou máis suceso. Primeiro foron carpintarías de ribeira e despois pequenos estaleiros que propiciaron o despegue dos de Ramón Aguilar, antes de que abrira Astano nos anos corenta do século pasado. En Perlío agromou un férreo movemento obreiro, con episodios heroicos, exemplos da resistencia antifascista de Galicia e de España.
Estoutro día Henrique entrevistou a unha señora nonaxenaria, pero a conversa derivou cara os valores morais da sociedade de hoxe, sen relación co tema operario.
Nun momento a anciá espetoulle:
"Observa vostede canta xente pasea con cans?
Non se ten fixado en que os sacan varias veces ao día e até lles recollen as deposicións con plastiquiños, pero que ninguén pasea cun vello pola rúa, nin conversa con el nunha terraza?
Un mísil dialéctico o da patroa. Polo evidente, mais tamén por isto: está por ver que a esquerda europea posúa forza e sustento teórico para frear o gangsterismo neoliberal que destrúe as nosas sociedades, pero está vista a desorientación en cousa de valores. A da esquerda. A do papa de Roma xa veremos.
www.sarille.eu
elcorreogallego.es
http://ocio.elcorreogallego.es/opinion/firmas/ecg/porprovocar/idEdicion-2013-09-24/idNoticia-828213/
# 4 entre un can e un vello, un vellaco
É que os vellos son transparentes, invisibeis.
Ao menos iso dicía, numa entrevista, uma escritora norteamericana duns setenta anos, por propria experiencia, precisaba. Fiquei con tal afirmación feita por uma muller xa por enton premio Nobel de literatura, constatando por min mesmo, daí para diante, o atinado da mesma.
Quero, pero non consego, lembrar o nome daquela muller. Porque son vello, iso dizen, e a miña memoria enfraquece ainda mais do que me engorda o bandullo.
P.D. Pero non hai que ser tan pesimista, Sarille.
Sen ir mais lonxe, en Santiago non é tan dificil ver pasear polas rúas vellas e vellos acompañados, por un inmingrante, como si non, habitualmente muller, home craro, e latinoamericana, de onde ía ser.
E mais lonxe também: en Valladolid, como aquí.
C'est la vie.
arneironi
hace 38 minutos
Sem comentários:
Enviar um comentário