nâo é por acaso Luis

nâo é por acaso Luis: (www.astormentas.com)
Poema ao acaso


terça-feira, 29 de março de 2011

a gaita, a bandeira






Gaiteiro: Xosé Domingos Fuciños



A derradeira foto do 'adeus do gaiteiro' é de Luis Rodrígues - LISBOA. Obrigado.

2 comentários:


  1. Xosé Domingos Fuciños. Un activista cultural que no huyó de la política municipal

    El sepelio será hoy, a las 17.30 horas, en Melide

    E. A. R.

    SANTIAGO / LA VOZ 06/09/2017 05:00 H

    Xosé Domingos Fuciños Gómez, Mingos de Pita, como le conocían en su Melide natal, se ha ido. Y su despedida de la vida tras una larga enfermedad provocó ayer en Melide una tormenta de desolación similar a la intensidad con la que Mingos, miembro de una ilustre familia local, dedicó su vida a «botarlle unha man a todo aquel que necesitase a axuda dun avogado, dun notario, dun historiador ou dun amigo». Así lo recordaba ayer uno de tantos amigos que deja y que lo conoció tanto en su faceta cultural como en la de edil del partido independiente Unión dos Veciños, con el que llegó a ser teniente de alcalde en el año 1987, aunque su trayectoria política acabó en las filas del BNG de Melide.

    Su trayectoria vital siempre estuvo vinculada al mundo de la cultura. Y lo hizo participando en la constitución de un buen puñado de asociaciones. Gracias a su labor, Melide puede presumir de su museo, porque Domingos Fuciños fue uno de sus fundadores, al igual que del colectivo Terra de Melide y Froito Novo, entre otros, sin olvidar su participación en múltiples iniciativas ciudadanas.

    Su archivo familiar, siempre accesible, permitió numerosas investigaciones históricas y musicales. Casado y con tres hijas, su funeral se celebra hoy a las 17.30 horas en la iglesia parroquial de Melide. Mingos, na terra de Melide
    …..


    Mingos, na terra de Medie

    VÁZQUEZ PINTOR

    En poucas horas suceden de certo as labazadas da Vida. Várrese a Luz e recala a Noite en soberana desfeita, coma se un tempo sen prestixio. Dous dos meus grandes Amigos xa non están aquí de noso. É a sentenza que nubra o fulgor de sempre nas deshoras do silencio. Coma se un pozo. E ficamos abraiadas /abraiados. Bule a memoria. E no profundo escoito un asubío. É o derrube na sintonía das idades. Non cadra o albor. Xosé Domingos Fuciños marca nos pasares da súa idade un tempo de Noso, alomenos para min, que son testán e aberto á vida que nos abre a luz do Sol nun Paraíso que se nómina Galiza, dende todas as témporas benqueridas. E axiña nolos dous somos Amigos íntimos: queremos aínda hoxe a Nosa Lingua, a Nosa Terra, o Fulgor da Resistencia, os Compromisos… Así pasamos felices: a palabra, a voz da música (esa flor da gaita en marabillas); os ecos do silencio, os compromisos, a Luz deste universo que é Galiza.

    Mais o derradeiro paso do tempo mingua paseniño os efectos e os afectos. Esa nube que nos varre. O senso que nos agocha en exterminio. Ou, pola contra, renace e brinca a lucidez que xa derruba para sempre a flor e a tarabela miserenta dos abismos. Amigo: conta con Nós. Acorda, canta e repenica na Luz dende o profundo da solaina; en flor de rosa e de Lúa en cada tempo e cada día. Mailos bicos.

    D.E.P.

    ResponderEliminar

  2. Pasamento de Xosé Domingos Fuciños Gómez (Mingos de Pita)


    Martes, 05 Setembro 2017 14:55

    Hoxe temos que informar dunha triste nova, na AGG sentimos fondamente a perda dun bo e xeneroso, un membro destacado e ben querido do mundo da cultura tradicional, como era D. Xosé Domingos Fuciños Gómez (Mingos de Pita), socio fundador da AGG e que foi unha figura clave nos inicios da nosa Asociación.

    Mingos participou, xunto con outros gaiteiros e artesáns da súa xeración, nas primeiras xuntanzas que se levaron a cabo en Ortigueira e Melide, cunha común preocupación que era defender e dignificar a figura do noso instrumento nacional, a gaita, e por suposto a figura do gaiteiro.

    Nestas xuntanzas viron a necesidade de crear unha asociación de ámbito galego que defendese as nosas tradicións, e así estas reunións convertéronse no xermolo do que é hoxe en día a nosa asociación.

    Queremos agradecerlle a Mingos o labor desenvolvido ao longo dos anos pola nosa cultura, apoiando sempre á AGG, en favor da defensa, divulgación e dignificación da nosa música tradicional.

    Dende aquí tamén queremos facerlles chegar o noso máis sentido pésame á familia e amigos.

    O funeral por Xosé Domingos Fuciños Gómez (Mingos de Pita) terá lugar mañá Mércores, día 6 de Setembro ás 5,30 do serán na Igrexa Parroquial de Melide e Cemiterio Municipal de Melide. (Castelo)

    Lar funerario:Velorio Municipal de Melide. Sala nº 1.

    Que a terra che sexa leve, DEP
    http://gaiteirosgalegos.gal

    ResponderEliminar